A Coruña, 23 de maio de 2025 –. O Informe sobre o Desenvolvemento Humano que elabora anualmente o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) céntrase este ano na intelixencia artificial e no seu potencial para axudar a transformar as economías e as sociedades. Tamén analiza que decisións e medidas se poden tomar para que todos os países teñan a oportunidade de prosperar nun mundo con IA.
En canto ao propio Índice de Desenvolvementeo Humano (IDH) destácase o contexto de estancamento xeral desde a pandemia da Covid-19; aínda que España mellorou a súa puntuación durante este período, pasando dun IDH de 0,901 en 2020 a 0,918. Ademais, é un dos países cunha maior penetración en habilidades relacionadas coa IA, ocupando o posto 12 a nivel mundial, e sitúase por diante doutros países da contorna como Francia no que respecta á atracción de talento en IA.
O informe presenta os resultados dunha das maiores enquisas de opinión pública sobre IA realizadas a nivel mundial nos últimos tres anos: máis de 21.000 persoas de 21 países e 36 idiomas foron enquisadas. Detállanse a continuación algúns datos relevantes:
En relación co ámbito laboral, o avance da IA xera temores sobre a perda masiva de empregos, segundo o informe. Non obstante, o panorama é optimista, segundo os datos da enquisa:
Aínda que é indubidable que haberá cambios na demanda laboral, o informe afirma que delegar tarefas ás máquinas pode liberar ás persoas para dedicar máis tempo a outros aspectos da vida, como o traballo creativo, o coidado de pacientes, a educación ou a aprendizaxe e desenvolvemento de novas habilidades; tarefas nas que as máquinas son deficientes e o compoñente humano é, por si mesmo, valioso.
Ademais, a IA pode mellorar a capacidade industrial e conducir a unha maior diversificación das cadeas de valor, así como a mellores mercados para os traballadores por conta propia. Pode xerar novos coñecementos e competencias en beneficio de todas as persoas, desde os agricultores ata os pequenos empresarios. E creará novas funcións para os seres humanos de formas que aínda non podemos imaxinar.
No marco do Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial e das liñas de traballo da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA), merece especial mención enfoque polo que avoga o informe: unha IA centrada no ser humano. Para iso, identifícanse tres áreas de actuación:
En conxunto, estas tres áreas convidan os responsables políticos a tomar decisións e decidir como utilizar a IA para crear oportunidades que permitan facer fronte ao cambio climático, os conflitos, á migración masiva e o rápido aumento das desigualdades.
Finalmente, o informe tamén convida á reflexión ao afirmar que os riscos son só unha parte da cuestión; a intelixencia artificial ofrece moitas máis posibilidades para o ben común, e aproveitalas para satisfacer as expectativas das persoas dunha vida mellor depende de algo máis que de algoritmos: é unha cuestión de decisións.
Na seguinte ligazón pódese consultar o informe completo:
Na nosa sección de Actualidade poderás atopar información sobre os eventos, charlas e conferencias máis relevantes no ámbito da intelixencia artificial.
A AESIA consolida o seu papel en Europa no fomento...
O Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial: Sistemas de alto risco
O Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial: Sistemas Prohibidos
Usamos cookies de terceiros con fins analíticos, en resumo só usamos as cookies de Google Analytics para poder analizar o noso tráfico.